
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia súmase nesta tempada 2010/2011 á campaña "Sácalle tarxeta vermella ao maltratador", campaña que é promovida polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.
.
O obxectivo desta iniciativa, á que se une sen discusión o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, é o de facer visible a lacra social do maltrato, situación que non se debe tolerar. A nosa entidade quere aportar o seu pequeno grao de area para axudar a reflexionar sobre unha actitude, a do maltrato, que debe rexeitar completamente.
.
Como mostra do apoio do Club Baloncesto Seis do Nadal á campaña "Sácalle tarxeta vermella ao maltratador", tódolos seus equipos federados e tódalas escolas deportivas sacarán tarxeta vermella ao longo dos seus adestramentos e partidos ata as vacacións de Nadal.
