jueves, 25 de noviembre de 2010

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO BUSCARÁ EN OURENSE UNHA VITORIA MÁIS NA LIGA FGB ANTE CRUZ ALTA

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, se enfrontará na sétima xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 ao Cruz Alta o próximo sábado día 27 de novembro do 2010.

.

O pasado sábado 20 de novembro do 2010 o Sénior Masculino Autonómico recibiu no Pavillón Muncipal de Balaídos ao La Rosaleda Obradoiro na sexta xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.

.

Despois dun partido onde o conxunto do Seis do Nadal - Coia conseguía aumentar a vantaxe en cada período, o último dos cuartos do encontro estivo na súa contra. O traballo defensivo do equipo de Santiago de Compostela provocaba unha gran cantidade de erros no equipo local, que reducía a súa vantaxe ata chegar aos últimos segundos co electrónico igualado. As xogadas finais do encontro fixeron que o combinado visitante conseguirá a súa primeira vantaxe do partido e a vitoria final do mesmo (69-70).

.

O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será no Pazo Paco Paz de Ourense ante Cruz Alta, equipo clasificado na cuarta posición da táboa cun balance de tres derrotas e tres victorias, sendo a última vitoria na pasada xornada ante o Xuven de Cambados. O partido terá lugar o sábado día 27 de novembro ás 17:00 horas no Pazo Paco Paz (Ourense).

.

A clasificación do Grupo Sur despois da sexta xornada da Liga FGB Sénior Masculina, onde o noso conxunto baixa ata a sétima posición, é a seguinte:

.