viernes, 26 de noviembre de 2010

ANA ISABEL FERNÁNDEZ CONVOCADA PARA A ÚLTIMA CONCENTRACIÓN DA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL

.

As preseleccións galegas afrontarán o próximo domingo a súa última xornada de traballo como tal. Despois desta data, os adestradores pasará a comunicar os equipos definitivos que darán corpo ás Seleccións que representarán a Galicia no Campionato de España de Córdoba (do 3 ao 9 de xaneiro).

.

A concentración deste domingo é a derradeira que afrontarán tres das catro preseleccións que viñeron traballando desde o mes de xullo, ambas as infantís, a feminina e a masculina, e a preselección cadete masculina.

.

Na localidade de A Estrada, habitual dos adestramentos das preselecciónss galegas nesta tempada 2010/2011, traballará este domingo día 28 de novembro do 2010, a categoría Infantil Feminina, preselección galega na que participará Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrada por Óscar Belmonte e Vinca Rolán.