martes, 2 de noviembre de 2010

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO BUSCARÁ UNHA NOVA VITORIA ANTE O XUVEN NA LIGA FGB 2010/2011

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, buscará unha nova vitoria na Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 o próximo sábado día 6 de novembro do 2010 na cuarta xornada da liga.

.

O pasado sábado 30 o conxunto Sénior Masculino Autonómico xogaba no Pavillón Municipal de Bouzas ante o grupo Asesoría Espiñeira (Santiago de Compostela) na terceira xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011. O partido disputado ás 20:00 horas rematou a favor do equipo do Seis do Nadal (78 a 67) despois de abrir unha ampla vantaxe no último período do encontro, polo que o equipo do club conseguía a súa primeira vitoria na presente campaña.

.

.

.

O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será en Cambados ante o Xuven, equipo décimo oitavo clasificado da pasada tempada 2009/10 e que ten un balance actual de tres partidos gañados e dous partidos perdidos. O partido terá lugar o sábado día 6 de novembro ás 20:15 horas no Pavillón O Pombal (Cambados).

.

O Xuven loitou na terceira xornada ante o Marín Peixegalego, partido no que encaixou unha ampla derrota por 81-55 na vila de Marín. A clasificación do Grupo Sur despois da terceira xornada da Liga FGB Sénior Masculina é a seguinte:

.