.
O equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Alicia Álvarez, finalizou na segunda posición a Fase de Clasificación para Liga FGB Cadete Masculina 10/11.
.
O balance de vitorias e derrotas deste conxunto nesta primeira fase despois dos catro partidos xogados, foi de dous partidos gañados ante Salesianos, e os dous encontros perdidos ante o Frimos Vigo A.M., partidos nos que o noso conxunto amosou a súa cara máis intensa e de traballo en equipo.
.
A clasificación final da Fase de Clasificación a Liga FGB de categoría Cadete Masculina 2010/2011 foi a seguinte:
.
.
O equipo Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogará a Liga Zonal DVB Cadete Masculina xa que soamente optaba ao cruce clasificatorio para á Liga FGB Cadete Masculina 2010/2011 o primeiro clasificado desta Fase de Clasificación.


