miércoles, 3 de noviembre de 2010

CALASANCIAS DE A CORUÑA, RIVAL DO CADETE FEMININO NO CRUCE DE CLASIFICACIÓN Á LIGA FGB 2010/11

.

O pasado martes día 2 de novembro do 2010 ás 19:30 horas nos locais da Federación Galega de Baloncesto celebreouse o sorteo da Fase de Cruces Clasificatorios para a Liga FGB Cadete Feminina 2010/2011.

.

Entre os combinados que participaron neste sorteo estaba o Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, equipo primeiro clasificado da Fase Zonal de Clasificación á Liga FGB Cadete Feminina.

.

.

Neste Cruce Clasificatorio para acceder á Liga FGB Cadete Feminina ao noso equipo tocoulle o Calasancias (A Coruña), cuarto clasificado do Grupo "B" de Torneo de Apertura cun balance de dous partidos gañados e catro encontros perdidos.

.

O primeiro encontro do cruce terá lugar o próximo domingo día 7 de novembro do 2010 ás 18:30 horas no Pavillón Calasancias de A Coruña, sendo o partido de volta a fin de semana dos días 14 e 15 de novembro no Colexio Seis do Nadal (Vigo). O gañador desta eliminatoria sera un dos equipo que participará na próxima edición ad Liga FGB Cadete Feminina 2010/2011.