.
O equipo Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, finalizou na primeira posición a Fase de Clasificación para a Liga FGB Cadete Feminina 2010/2011, posición que garantiza xogar o cruce clasificatorio para a competición autonómica.
.
O balance de vitorias e derrotas deste conxunto nesta primeira fase despois dos catro partidos xogados, foi de tres partidos gañados ante o Canteiras, Apóstol e Airexa Nigrán "A", e un partido perdido ante o conxunto do C.B. Baiona.
.
A clasificación final da Fase de Clasificación a Liga FGB de categoría Cadete Feminina 2010/2011 foi a seguinte:
.
.
O conxunto Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputará o cruce de clasificación para a Liga FGB Cadete Feminina 2010/2011 buscando unha das prazas dispoñibles na liga autonómica que comezará a próxima fin de semana dos días 27 e 28 de novembro.
.
O sorteo da Fase de Cruces Clasificatorios terá lugar o martes día 2 de novembro do 2010 ás 18:30 horas nos locais da Federación Galega de Baloncesto. Os cruces xogaranse en sistema de eliminatoria de ida e volta nos fins de semana dos días 7 e 14 de novembro, conseguindo unha praza para a Liga FGB Cadete Feminina os vencedores de ditos cruces.


