
.
A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.
.
As delegacións de Arousa, Santiago, Ourense e Lugo foron as primeiras que iniciaron o traballo cos seus Centros de Tecnificación e, este sábado día 30 de outubro do 2010, foi a quenda das delegacións zonais de A Coruña e Vigo.
.
Ambas as delegacións, baixo o mesmo réxime aberto de convocatoria de xogadores e xogadoras, iniciaron a tarefa de tecnificación na categoría de minibásquet coa dirección dos seus Responsables Técnicos correspondentes e co apoio e colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.
.
En categoría alevín masculina, o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estivo representado por un quinteto de xogadores. Santiago Álvarez (1999), Álvaro Dotras (1999), Javier Gil (1999), Brais Martínez (1999) e Lois Pérez (1999), xogadores todos eles do Alevín Masculino "A", adestrados e dirixidos por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, foron os xogadores que asistiron e participaron no Centro de Tecnificación de categoría alevín masculina da Delegación de Vigo.
