
.

.
A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.
.
As delegacións de Arousa, Santiago, Ourense e Lugo foron as primeiras que iniciaron o traballo cos seus Centros de Tecnificación e, este sábado día 30 de outubro do 2010, foi a quenda das delegacións zonais de A Coruña e Vigo.
.
Ambas as delegacións, baixo o mesmo réxime aberto de convocatoria de xogadores e xogadoras, iniciaron a tarefa de tecnificación na categoría de minibásquet coa dirección dos seus Responsables Técnicos correspondentes e co apoio e colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.
.
En categoría alevín feminina, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado por oito xogadoras. Ana Argüelles (1999), Marta Cabaleiro (1999), Gaila Comesaña (1999), Marta Espantoso (1999), Rebeca Figueirido (1999), Aída González (1999), Antía Pérez (1999) e a deportista do club Candela Seoane (1999), xogadoras do equipo Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, foron as xogadoras que asistiron e participaron no primeiro Centro de Tecnificación de categoría alevín feminina da nosa Delegación Viguesa de Baloncesto.
