martes, 9 de noviembre de 2010

O CADETE FEMININO DO CLUB SE XOGA A PRAZA NA LIGA FGB 2010/11 NO PARTIDO DE VOLTA DO CRUCE

.

PARTIDO DE IDA - CRUCE CLASIFICACIÓN LIGA FGB

.

CALASANCIAS 57

.

SEIS DO NADAL - COIA 51

.

O conxunto Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, se xogará a praza da Liga FGB Cadete Feminina 2010/2011 no partido de volta do Cruce de Clasificación ante o Calasancias (A Coruña).

.

No primeiro partido do cruce que tivo lugar o pasado domingo 7 de novembro do 2010 ás 18:30 horas no Pavillón Calasancias, o equipo local conseguiu unha curta vantaxe (57-51) despois dun partido moi igualado no que o noso combinado chegou a alcanzar vantaxes de máis de 10 puntos de diferenza.

.

O partido de volta do cruce terá lugar o próximo domingo 14 de novembro do 2010 ás 12:00 horas no Colexio Seis do Nadal, encontro no que o Seis do Nadal - Coia buscará remontar a derrota encaixada en A Coruña e converterse nun dos equipos participantes na Liga FGB Cadete Feminina 2010/2011.