
.
Estimados/as Socios e Socias:
.
A Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convócavos á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no edificio do Servizo de Deportes "Casa do Deporte", que está situado na rúa Luis Ksado nº17 (Vigo), o venres 12 de novembro do 2010 en primeira convocatoria ás 19:30 horas e ás 20:00 horas en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:
.
1º- LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
.
2º- APROBACIÓN DO BALANCE ECONÓMICO 09/10
.
3º- APROBACIÓN DO ORZAMENTO DA TEMPADA 10/11
.
4º- APROBACIÓN DA CUOTA ANUAL E FORMA DE PAGO
.
5º- MEMORIA DEPORTIVA 09/10 E PROXECTO 10/11
.
6º- SUXESTIÓNS E PREGUNTAS
.
Agardando a vosa participación, saúdanvos atentamente
.
A Xunta Directiva
