
.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, buscará a terceira vitoria consecutiva na Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 o próximo sábado 13 de novembro do 2010 na cuarta xornada da liga na súa visita á vila de Marín.
.
O pasado sábado día 6 de novembro o Sénior Masculino Autonómico xogou no Pavillón O Pombal de Cambados ante o Xuven na cuarta xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011. O partido disputado ás 20:15 horas rematou coa segunda vitoria do Seis do Nadal na competición autonómica (53-76). Unha intensiva defensa do Seis do Nadal - Coia na segunda metade do partido rematou coas ideas en ataque do Xuven que non fixo máis que estrelarse unha e outra vez. Este feito fixo que o equipo de Cambados perdera a concentración e intensidade defensiva, desembocando nunha vitoria do noso equipo por 23 puntos de diferenza.
.
O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será en Marín ante o Marín Peixegalego, novo equipo desta tempada na Liga FGB Sénior Masculina e que ocupa a terceira posición da tábo cun balance actual de tres partidos xogados e tres vitorias conseguidas. O partido terá lugar o sábado día 13 de novembro ás 17:00 horas no Pavillón A Raña (Marín).
.
A clasificación do Grupo Sur despois da cuarta xornada da Liga FGB Sénior Masculina, onde o noso conxunto ascende á cuarta posición, é a seguinte:
.

