
.
A Federación Galega continua preparando xornadas de traballo para as súas catro preseleccións autonómicas, conscientes da aparición e presenza no horizonte dos Campionatos de España de categoría infantil e cadete que terá lugar entre o 3 e 9 de xaneiro en Córdoba.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estivo presente nesta nova concentración coa participación de Borja Astray (1998), xogador do Infantil Masculino "A" adestrado por Carlos Rodríguez, na preselección galega infantil masculina.
.
A Preselección Galega de categoría Infantil Masculina trasladouse á localidade de Betanzos o pasado domingo día 7 de novembro, comezando a concentración ás 11:30 horas na que se incluiu un encontro de preparación ás 18:00 horas ante o equipo cadete masculino do Gayolo Begacar.
