viernes, 8 de octubre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DO MEMORIAL HORACIO SILVA - ICO TAPIAS CADETE MASCULINA 2010/11

.

Despois do remate do prazo de inscrición o mércores día 15 de setembro, xa está dispoñible o calendario de partidos do Memorial Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Cadete Masculina da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta nova tempada 2010/2011.

.

O calendario de xogo do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias que comezou no presente mes de outubro está xa dispoñible no apartado de competicións da web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).

.

No Memorial Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Cadete Masculina competirán o Seis do Nadal "A", adestrado por Borja Martínez, e o Seis do Nadal "B", dirixido por Sergio García, xunto ao Colexio Apóstol, Maristas "B", Canteiras "B", C.B. Tui Seta, C.B. Baiona. Pódese acceder ao calendario de xogo pulsando aquí.