
.
As preseleccións galegas de categoría cadete e infantil volverán a reunirse para levar a cabo unha nova etapa do seu traballo desde que iniciaron os seus adestramentos no pasado mes de agosto.
.
Neste caso, e afianzadas xa as bases iniciais establecidas por cada plantel de seleccionadores, as diferentes preseleccións aproveitarán a xornada festiva do martes día 12 de outubro do 2010 para trasladarse ata vila de O Porriño e exercitarse no seu Pavillón Municipal.
.
As preseleccións infantís adestrarán de 10:00 a 12:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño. Esta xornada de traballo virá acompañada do imprescindible factor da convivencia entre todos os xogadores e xogadorsa, puntal importante do desenvolvemento dos equipos.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará presente nesta nova concentración coa participación de Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" e adestrada e dirixida por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, na preselección galega infantil feminina; e de César Rodríguez (1997), xogador do Infantil Masculino "A" adestrado por Carlos Rodríguez, na preselección galega infantil masculina.
