viernes, 8 de octubre de 2010

XA DISPOÑIBLES OS CALENDARIOS DOS MEMORIAIS HORACIO SILVA - ICO TAPIAS DE CATEGORÍA INFANTIL

.

Despois do remate do prazo de inscrición o mércores día 15 de setembro, xa están dispoñibles os calendarios de xogo dos Memoriais Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Infantil Masculina e Infantil Feminina da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta nova tempada 2010/2011.

.

Os calendarios dos encontros destes Memoriais Horacio Silva e Ico Tapias que comezaron no presente mes de outubro están xa dispoñibles no apartado de competicións da web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).

.

No Memorial Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Infantil Masculina competirán os combinados Seis do Nadal "B", dirixido por Breixo Solla, e Seis do Nadal "C", adestrados por Albert Tomas e Silvia Caíño, xunto ao C.B. Tui Seta, Colexio Apóstol, C.B. Baiona "B", Canteiras "B", Maristas "A" e C.B. Vigo. Pódese acceder ao calendario pulsando aquí.

.

Pola súa banda, no Memorial Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Infantil Feminina competirá o conxunto Seis do Nadal "B", adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero, equipo do club que xogará xunto ao C.B. Baiona "A", Canteiras "B", C.B. Baiona "B" e Maristas Celta. O calendario de xogo xa está dispoñible pulsando aquí.