
.
Despois da reunión celebrada o martes día 26 de outubro, xa están dispoñibles os calendarios de partidos da 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Feminino da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta nova tempada 2010/2011.
.
Os calendarios de partidos desta 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Feminino que comezará a fin de semana dos días 6 e 7 de novembro están xa dispoñibles no apartado de competicións do sitio web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).
.
A 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Feminino contará con 12 equipos divididos en dous grupos de 6 conxuntos cada un que xogarán por clasificarse para a seguinte fase, fase de acceso á nova Liga FGB Alevín Feminina 2010/2011.
.
No Grupo "A" da 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Feminino, participará o equipo Seis do Nadal "B", adestrado por Vinca Rolán, xunto aos conxuntos C.B. Baiona, Apóstol "B", C.B. Airexa Nigrán, Colexio Mariano e Canteiras "B". Xa está dispoñible o calendario do Grupo "A" pulsando aquí.
.
No Grupo "B" competirá o equipo Seis do Nadal "A", dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, xunto aos equipos R.C. Celta Caixanova, Canteiras "A", Apóstol "A", Compañía de María e Maristas Celta. Pódese acceder ao calendario de encontros do Grupo "B" pulsando aquí.
