
.
As Preseleccións Galegas en categoría cadete e infantil continúan afrontando un completo e continuo calendario de adestramentos no seu camiño cara a configuración das listas definitivas de cara á celebración dos Campionatos de España do 3 ao 9 de xaneiro do 2010.
.
Nesta ocasión, e facendo efectiva a festividade do luns 1 de novembro, o cadro completo das catro preseleccións galegas desprazarase ata a localidade de A Estrada para traballar nas instalacións deportivas municipais durante toda esta xornada.
.
As preseleccións infantís están convocadas ás 11:00 horas no Pavillón Municipal de A Estrada, Manuel Coto Ferreiro, onde adestrarán de mañá de 12:00 a 14 horas e na xornada de tarde de 18:00 a 20:00 horas..
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estará presente nesta nova concentración coa participación de Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" e adestrada e dirixida por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, na preselección galega infantil feminina; e de César Rodríguez (1997), xogador do Infantil Masculino "A" adestrado por Carlos Rodríguez, na preselección galega infantil masculina.
