jueves, 28 de octubre de 2010

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB XOGARÁ ANTE O ASESORÍA ESPIÑEIRA O PRÓXIMO SÁBADO 30

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, sigue buscando a súa primeira vitoria na Liga FGB Sénior Masculina 10/11 o próximo sábado día 30 de outubro do 2010 na terceira xornada da competición.

.

O pasado sábado 23 o equipo Sénior Masculino Autonómico viaxaba a O Grove para enfrontarse a O Meco no primeiro partido do noso conxunto como visitante na Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011. O partido xogado estivo dominado pola igualdade entre ambos combinados nas dúas metades, tendo que decidirse o gañador no período extra, período no que O Meco conseguía rematar por diante no marcador (79-72) .

.

O próximo rival do grupo Seis do Nadal - Coia é o Asesoría Espiñeira de Santiago de Compostela, foi décimo segundo clasificado da pasada tempada 2009/10 que se enfrontou ao noso equipo no cruce polo 11º e 12º posto. O partido terá lugar o sábado día 30 de outubro ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Bouzas (Vigo).

.

O Asesoría Espiñeira xogou na segunda xornada ante o Xuven, partido no que encaixou unha curta derrota por 72-76; e na primeira xornada deixou escapar a derrota ante o conxunto Marín Peixegalego. A clasificación do Grupo Sur despois da segunda xornada da Liga FGB Sénior Masculina é a seguinte:

.