
.
Despois da reunión celebrada o martes día 26 de outubro, xa están dispoñibles os calendarios de encontros da 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Masculino da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta nova tempada 2010/2011.
.
Os calendarios de partidos desta 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Masculino que comezará a fin de semana dos días 6 e 7 de novembro están xa dispoñibles no apartado de competicións do sitio web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).
.
A 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Masculino contará con 12 equipos divididos en dous grupos de 6 conxuntos cada un que xogarán por clasificarse para a seguinte fase, fase de acceso á nova Liga FGB Alevín Masculina 2010/2011.
.
No Grupo "A" da 1ª Fase do Campionato Zonal DVB Alevín Masculino, competirá o equipo Seis do Nadal "A", adestrado por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, xunto ao Canteiras "A", Defensores do Morrazo, Compañía de María, C.B. Baiona e Apóstol. Pódese acceder ao calendario de xogo do Grupo "A" pulsando aquí.
.
No Grupo "B" competirá o equipo Seis do Nadal "B", dirixido por Alicia Álvarez, xunto aos equipos Maristas, C.B. Tui Seta, Canteiras "B", Salesianos e Colexio Mariano. Pódese acceder ao calendario de partidos do Grupo "B" pulsando aquí.
