miércoles, 13 de octubre de 2010

NOVA ESCOLA DEPORTIVA DE BALONCESTO NO COLEXIO DON BOSCO SALESIANAS DE COIA

.

Este novo curso escolar 2010/2011 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, co obxectivo de promocionar o baloncesto e achegalo a tódolos escolares, creou unha Escola Deportiva de Baloncesto no Colexio Don Bosco Salesianas de Coia.

.

Esta nova Escola Deportiva entra a formar parte do Programa Municipal de Escolas Deportivas organizadas, dirixidas e impartidas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no presente curso escolar 2010/2011.

.

Máis de 30 rapaces e rapazas xa disfrutan da actividade de baloncesto na nova Escola Deportiva de Baloncesto no Colexio Don Bosco Salesianas os luns e mércores de 12:30 a 13:30 h.

.

.

.