
.
O Comité Galego de Árbitros pon en marcha neste mes de outubro unha nova iniciativa para axudar á formación de todos os interesados en facer os cursos de iniciación á arbitraxe ou de oficial de mesa que non poden acudir en persoa ás diferentes Delegacións da Federación Galega de Baloncesto nas que se levan a cabo as aulas.
.
Trátase da activación dos Cursos de Iniciación On Line, que serán completamente de balde e cunha duración de 20 horas para os colexiados e de 5 horas para os oficiais de mesa. Son aulas de forte apoio para acometer con garantías a iniciación nesta área do Baloncesto e cuxa inscrición ten como prazo límite o vindeiro día 18 de outubro.
.
Para aproveitalo é preciso que tódolos interesados, que teñen que contar cun ordenador con altofalantes e cunha conexión a Internet, envíen os seus datos ao e-mail arbitros@fegaba.com.
.
Programación e materias
.
O Comité Galego de Árbitros dá a coñecer a programación correspondente á primeira quenda destes cursos, a cal conta con catro xornadas en datas diferentes e que xirarán en torno ás seguintes materias:
.
21 de outubro do 2010 - FUNCIÓNS DOS OFICIAIS DE MESA
.
25 de outubro do 2010 - SITUACIÓNS DE MECÁNICA 1
.
26 de outubro do 2010 - SITUACIÓNS DE MECÁNICA 2
.
27 de outubro do 2010 - PSICOLOXÍA DA ARBITRAXE
