.
.
.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado sábado día 18 de setembro do 2010 no Torneo Ibérico organizado polo Guifões Sport Club no Pavillón Municipal de Guifões (Rúa de Passos Manuel - Guifões).
.
Os equipos do club que participaron no torneo foron o Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", conxunto adestrado por Carlos Rodríguez, e o Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez.
.
O combinado Infantil Masculino "A" participou no torneo de categoría Sub14 Masculina xogando en semifinais ante o SC Vasco de Gama, partido que gañou comodamente, e na final ante o Guifões Sport Club, aumentando a diferencia a favor no marcador a medida que pasaba o tempo.
.
O equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", xogou en categoría Sub16 Masculina e competiu en semifinais ante o FC Porto, partido que se perdeu amosando unha boa imaxe e traballo en equipo, e no partido pola 3ª e 4ª posición ante o Guifões Sport Club, encontro que rematou co marcador a favor do equipo luso.







