
.
Despois do remate do prazo de inscrición o mércores día 15 de setembro, xa está dispoñible o calendario da Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. da Delegación Viguesa de Baloncesto de categoría Cadete Masculina.
.
O calendario desta fase clasificatoria que comezará esta fin de semana dos días 25 e 26 de setembro está xa dispoñible no apartado de competicións do sitio web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
.
Na Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. Cadete Masculina competirá o conxunto Seis do Nadal "C", dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez, xunto a Salesianos e Frimos Vigo AM. Pódese acceder ao calendario de xogo pulsando aquí.
.
A primeira xornada da Fase Zonal Clasificatoria á Liga FGB Cadete Masculina enfrontará ao noso conxunto, Seis do Nadal "C", ante o Salesianos nas pistas do Colexio Seis do Nadal.
