lunes, 20 de septiembre de 2010

A I XORNADA SIAREIRA E OS PREMIOS SIAREIROS 2009/2010 DA FUNDACIÓN VIDE O PRÓXIMO SÁBADO DÍA 25

.

(Imaxe dos Premios Siareiros 08/09 da Fundación Vide na que o C.B. Seis do Nadal - Coia foi o Mellor Club Siareiro Base)

.

O próximo sábado 25 de setembro do 2010 celebrarase no Hotel Coia a "I Xornada Siareira", foro no que participarán presidentes/as dos clubs da cidade, deportistas, medios de comunicación, siareiros e siareiras.

.

O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vide, Xabier Alonso, considera que este é un primeiro paso a unha boa idea para intensificar as relacións dos clubs cos siareiros e para unir o tecido deportivo vigués, aínda máis, en tempos especialmente complicados. Ademais, será un acto social moi importante para reforzar a marca Siareiros na cidade.

.

No programa está previsto que haxa dous debates, un matinal (ás 12:00 horas) e outro polo serán (ás 16:00 horas) con temas de actualidade e participacións dos asistentes. Tres serán os temas a tratar nos debates: a relación entre siareiros e clubs, o deporte feminino e o discapacitado. O fundamental será o acercamento de todos os estamentos deportivos, e de forma fundamental dos siareiros e siareiras dos clubs..

.

Na clausura do "I Xornada Siareira" haberá un premio para o siareiro e a siareira máis fieis co deporte. Despois chegarán os premios Siareiros 2009/2010, da Fundación VIDE, que na súa segunda edición (a primeira tivo lugar no Verbum) premiarán de novo ao mellor club Siareiro Élite e ao mellor Siareiro Base da tempada, ao acompañante máis destacado do programa de Voluntariado e, como en 2009, haberá un cuarto premio, que será especial.

.

O custo da xornada para quen queira participar (inclúe comida de confraternidade no Hotel Coia) será de 10 euros por persoas e ademais da documentación do foro farase entrega dunha camiseta conmemorativa. A inscrición poderá facerse efectiva na Fundación VIDE ata o próximo xoves día 23 de setembro.

.

PROGRAMA

.

10:45 horas. Recepción no Hotel Coia.

.

11:00 horas. Presentación.

- Intervención de dous presidentes de clubs.

- Intervención da directora xerente de VIDE.

- Intervención do concelleiro de Deportes.

.

11:30 - 12:00 horas. Café.

.

12:00 - 13:15 horas. Primeiro debate.

.

Intervirán:

- Representantes d@s Siareir@s.

- Patrocinadores.

- Laura Magdalena, directora xerente de VIDE.

- Montse González, Faro de Vigo.

- José Luis Pérez Ouro, Federación Galega de Balonmán.

- Begoña Vázquez, Federación de Peñas do Real Club Celta.

.

Temario:

- @s Siareir@s e o calendario de competición.

- A relación das peñas cos distintos organismos.

- Como crear unha peña.

.

Moderador: Antonio Estévez (Cadena Cope).

.

13:15 - 14:00 horas. Rolda intervecións d@s Siareir@s.

.

14:20 horas. Comida no Hotel Coia.

.

16:00 - 17:15 horas. Segundo debate.

.

Intervirán:

- Xabier Alonso, concelleiro de Deportes.

- Presidentes dos clubs representativos.

- Xaime Escudeiro (Radio Galega).

- Serafín Domínguez, xerente de Indepo Construccións.

- Pilar Valero, xogadora internacional de baloncesto.

- Vicky Alonso, xogadora de baloncesto en cadeira de rodas.

.

Temario:

- O deporte feminino e a suá loita pola igualdade.

- Facilidades para compaxinar o deporte coa vida laboral.

- Integración das persoas con discapacidades co deporte.

- O risco de xuntar apostas e deporte.

.

Moderador: Mila Alonso, xornalista.

.

17:15 - 17:45 horas. Rolda intervecións d@s Siareir@s.

.

17:50 horas. Clausura.

- Intervención patrocinadores.

- Intervención representante d@s Siareir@s.

- Intervención da directora xerente de VIDE.

- Intervención do concelleiro de Deportes.

- Intervención do tenente de alcalde, Santi Domínguez.

- Homenaxe a un Siareiro e unha Siareira.

.

18:15 horas. Entrega dos premios Siareiros 2009/2010.

- Mellor club Siareiro Base.

- Mellor club Siareiro Élite.

- Mellor voluntario.

- Premio especial.

.

18:30 horas. Foto de familia.