
.
O próximo sábado 18 de setembro o Porriño Baloncesto Base en colaboración co Concello de Porriño e a Diputación Provincial de Pontevedra organizará o III Clínic PBB, clínic no que participarán como conferenciantes Moncho Fernández, adestrador do Obradoiro C.A.B. (LEB Oro) e os seus técnicos axudantes Gonzalo Rodríguez e Víctor Pérez.
.
O comezo da primeira charla está previsto para as 18:00 horas celebrándose no Pavillón Municipal de O Porriño, e pregando a tódolos asistentes acudan canto menos con media hora de antelación co fin de distribuír a documentación.
.
A temática elixida para as conferencias técnicas e os seus horarios serán os seguintes:
.
17:30 horas - Entrega de documentación
.
18:00 horas - "Balance defensivo"
(GONZALO RODRÍGUEZ)
.
19:00 horas - "Defensa do bloqueo directo"
(MONCHO FERNÁNDEZ)
.
20:15 horas - "Metodoloxía da defensa do bloque directo"
(VÍCTOR PÉREZ)
.
A estrutura destas charlas consistirá en explicacións teórico prácticas sobre a pista de xogo, onde a través dos exercicios executados por xogadores do Porriño Baloncesto Base, o Staff Técnico do Obradoiro C.A.B., axudándose tamén por medios audiovisuais, verán a construcción dos aspectos defensivos a traballar durante esta campaña polo seu equipo.
.
Inscrición
.
O Clínic ou conferencia técnica será unha actividade gratuíta e aberta a tódolos adestradores interesados en asistir. Coa finalidade de prever a documentación necesaria para entregar a tódolos asistentes pregamos a todos aqueles adestradores interesados en participar nesta actividade formativa envíen un correo electrónico co seu nome, apelidos e DNI, así como o club ou entidade á que pertencen, á seguinte dirección mail coordinador.pbb@gmail.com.
.
Convalidacións
.
Grazas á colaboración da Federación Galega de Baloncesto neste evento, a participacióin acreditada neste III Clínic PBB convalidarase con 3 horas de formación práctica aos alumnos dos cursos de Nivel 1 e 2 da Escola Galega de Adestradores.














