miércoles, 15 de septiembre de 2010

DAVID RODRÍGUEZ ADESTRARÁ AO BENXAMÍN MASCULINO "A" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

David Rodríguez dirixiá ao grupo Benxamín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2010/2011. David cumprirá a súa cuarta tempada como técnico da entidade despois de rematar a súa etapa de xogador de formación.

.

A pasada tempada 09/10 David Rodríguez adestrou ao equipo Benxamín Masculino "B", conxunto formado integramente por xogadores procedentes das Escolas Deportivas dirixidas e impartidas polo noso club, conseguindo unha ampla e notable mellora individual e de grupo.

.

O próximo curso escolar 2010/2011 adestrará ao Benxamín Masculino "A" formado integramente por xogadores nados no ano 2001 que cumprirán o seu último curso como xogadores benxamíns antes de promocionar á categoría alevín.