.
.
A Sección de Baloncesto do Grupo Desportivo da Gafanha organizou a pasda fin de semana do 11 e 12 de setembro do 2010, o Segundo Clínic Internacional para Adestradores de Baloncesto - "100 Anos da Junta de Freguesia da Gafanha da Nazaré".
.
Entre os ponentes deste II Clínic Internacional de Adestradores de Baloncesto estivo Sergio González, Director Deportivo e adestrador de formación do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. As súas dúas ponencias foron presentadas o sábado 11 de setembro e trataron sobre a "Gestión e desenvolvemento dunha Escola Deportiva" e a "Gestión dos Recursos Humanos na estrutura dun Club de Baloncesto".
.
Xunto a Sergio González e no primeiro día da formación, máis orientado a adestradores/as de formación e coordinadores de clubs, Luis Araújo, actual adestrador de formación do Club dos Galitos e ex-adestrador do GD Gafanha, aproximou aos oíntes un modelo de adestramento na construcción dun ataque.
.
O segundo día do clínic, orientado a equipos de competición e alto rendemento, Ricardo Vasconcelos, actual Seleccionador Nacional Feminino, falou sobre a proxección e a xestión das expectativas dos xogadores e xogadoras. Na mesma xornada Manolo Povea, actual adestrador do C.B. Penafiel da Liga Portuguesa de Baloncesto e ex-adestrador da AD Ovarense e Lusitânia Açores así como doutros clubs españois de LEB e da Liga ACB, e Eugénio Rodrigues, actual Seleccionador Nacional Sub20 Feminino e Adestrador do Académico FC da Liga Feminina, presentaron a planificación dunha tempada para equipos de competición de categoría masculina e feminina.
.
A celebración do II Clínic Internacional de Baloncesto do GDB Gafanha foi todo un éxito e moi enriquecedor para todos os asistentes creando en moitos casos, tal e como explicaron diferentes ponentes, inquietudes no traballo diario de formación e de alta competición.



