.
.
"A xuventude non está enfrontada coa seriedade, o traballo e o compromiso. Sergio González vai cumprir, a pesares da súa xuventude, o seu cuarto ano ao fronte do baloncesto no Seis do Nadal - Coia co obxectivo de seguir formando xogadores e persoas no deporte da canastra."
.
"Sergio González estaba no momento xusto e no seu lugar adecuado. Pero o máis importante é que non tivo medo de asumir, con soamente 19 anos, un reto complicado: a xestión da sección de baloncesto do Seis do Nadal. Agora, catro anos despois, conseguiu manter e mellorar o testigo recibido."
.
Así comeza a entrevista, publicada o pasado mércores día 15 de setembro do 2010 no suplemento deportivo Campeones do diario Faro de Vigo, realizada a Sergio González, Director Deportivo e adestrador de formación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Para acceder á entrevista podedes pulsar nas imaxes desta noticia ou descargar o Suplemento "Campeones" ao completo pulsando aquí.


