martes, 3 de agosto de 2010

SERGIO GARCÍA DIRIXIRÁ AO EQUIPO CADETE MASCULINO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

Sergio García adestrará a próxima tempada 2010/2011 ao conxunto Cadete Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, equipo que estará formado por xogadores nados nos anos 1995 e 1996 de categoría cadete.

.

Nesta segunda tempada formando parte do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Sergio García asumirá o reto de adestrar e dirixir ao Cadete Masculino "B", despois de capitanear na pasada tempada ao Alevín Masculino "B" da entidade composto por xogadores nados no ano 1999.

.

O grupo Cadete Masculino "B" que terá nas súas mans Sergio García, e que estará formado por deportistas nados nos anos 1995 e 1996, adaptará o seu nivel de ensinanza e de esixencia ás diferentes necesidades e capacidades do grupo e dos seus xogadores.