martes, 3 de agosto de 2010

ALBERT TOMAS ADESTRARÁ AO INFANTIL MASCULINO "C" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

Albert Tomas adestrará a próxima tempada 10/11 ao equipo Infantil Masculino "C" do C.Bc. Seis do Nadal - Coia. Albert Tomas, adestrador que se incorporou ao plantel técnico da entidade na tempada 2007/2008, cumprirá esta nova campaña o seu cuarto ano como adestrador do club.

.

Nesta cuarta tempada no noso club, Alber Tomas adestrará e dirixirá ao Infantil Masculino "C", equipo formado integramente por xogadores nados no ano 1998 e que vivirán o seu primeiro ano en categoría infantil.

.

A pasada tempada 2009/2010 capitoneu ao Cadete Masculino "A", equipo co que conseguiu unha meritoria quinta posición na Liga Zonal Cadete Masculina. Nesta nova campaña 2010/11 cambiará a categoría cadete pola infantil, categoría na cal deberá axudar aos xogadores a adaptarse ás novas reglas e as novas medidas.