.
O domingo día 1 de agosto do 2010, comeza oficialmente a tempada 2010/2011 para a nosa entidade e para tódolos integrantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
.
Como podedes ver nesta páxina web, a entidade xa a está a traballar intensamente no grupo de traballo da próxima época: dirección, responsables, adestradores e monitores; así como na renovación dos patrocinadores e na súa captación.
.
Está a traballar para conseguir esta campaña o obxetivo de manter a actividade constante da entidade ofrecida a tempada pasada 2009/10 e para ofrecer tamén as mellores condicións de traballo posible aos nosos deportistas así como consolidar a estructura na área administrativa, na área económica e na área deportiva.

