domingo, 1 de agosto de 2010

AALÍ MOHAMED DIRIXIRÁ AO ALEVÍN FEMININO "A" DO C.B. SEIS DO NADAL A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

Aalí Mohamed continuará a próxima tempada 2010/2011 formando parte do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Desde a tempada 1983/1984 Aalí Mohamed, leva traballando e adestrando a prol da formación no barrio de Coia axudado nos inicios por un grupo de colaboradores.

.

Na súa primeira tempada Aalí Mohamed contribuiu a prantar o xerme inicial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha das canteiras máis importantes da comunidade galega. Nesta nova tempada 2010/2011, e despois de vintesete tempadas na nosa entidade, adestará ao conxunto Alevín Feminino "A", adestrado integramente por xogadoras nadas no ano 1999.

.

A pasada tempada 2009/2010 dirixiu ao Alevín Feminino "B", equipo feminino co que conseguiu unha notable mellora e unha constante progresión ao longo de todo o curso, e equipo co que continuará a próxima tempada 2010/2010 no segundo ano de categoría alevín.