domingo, 1 de agosto de 2010

BORJA MARTÍNEZ ADESTRARÁ AO CADETE MASCULINO "A" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

Borja Martínez continuará a próxima tempada 2010/2011 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal dirixindo ao Cadete Masculino "A", conxunto formado na súa maior parte por xogadores nados no ano 1995 e que cumprirán a segunda campaña en categoría cadete.

.

A tempada pasada 2009/10 Borja Martínez adestrou ao equipo Cadete Masculino "B", conxunto creado como solución ás necesidades do club debido ao elevado número de xogadores en idade cadete que demandaban a práctica do baloncesto.

.

Despois dun ano ao mando do equipo Cadete Masculino "B", formado por xogadores procedentes das Escolas Deportivas e por un elevado número de rapaces que iniciaban a súa práctica deportiva, Borja Martínez adestrará a próxima tempada 10/11, no que será o seu terceiro ano como técnico da nosa entidade, ao grupo Cadete Masculino "A", combinado no que contará con xogadores do seu conxunto, Cadete Masculino "B", e do Cadete Masculino "C" do pasado curso.