viernes, 30 de julio de 2010

ALICIA ÁLVAREZ ADESTRARÁ AO ALEVÍN MASCULINO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

Alicia Álvarez formará parte un ano máis do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. O Alevín Masculino "B", conxunto formado integramente por xogadores nados no ano 2000, será o equipo da nosa entidade que adestrará a próxima tempada 2010/2011.

.

A campaña 2010/2011 será para Alicia Álvarez a súa cuarta tempada como adestradora do Club Baloncesto Seis do Nadal despois da súa incorporación na pasada tempada 2007/2008.

.

Alicia Álvarez continuará dirixindo ao equipo co que conseguiu na pasada tempada 2009/2010 proclamarse conxunto campión do Campionato Zonal DVB Benxamín. O grupo de xogadores e a nosa adestradora continuarán ligados un ano máis na nova categoría alevín que iniciarán a próxima tempada.