miércoles, 28 de julio de 2010

SERGIO GONZÁLEZ CONTINUARÁ AO FRONTE DA DIRECCIÓN DEPORTIVA A PRÓXIMA CAMPAÑA 2010/2011

.. ..

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia confirmou un ano máis a continuidade de Sergio González ao fronte da Dirección Deportiva da entidade. O club vigués continuará traballando a próxima tempada 2010/2011 na mesma liña de actividade e organización que se plantexou no ano 2008 coa incorporación de Sergio González á Dirección da entidade.

.

Sergio González afrontará por cuarta campaña consecutiva a Dirección Deportiva do club olívico, cos obxectivos de mellorar e consolidar cada un dos pilares da estrutura da entidade, así como perseguir ofrecer as mellores condicións de traballo e formación aos deportistas, monitores, adestradores e técnicos.

.

Na área deportiva Sergio González adestrará ao equipo Júnior Masculino "A", conxunto formado por xogadores nados nos anos 1993 e 1994, e ao Cadete Masculino "C", combinado composto por rapaces nados nos anos 1995 e 1996. Ambos grupos xa estiveron nas mans do técnico a tempada pasada 2009/2010 polo que seguirán na mesma liña de traballo pero con novos obxectivos propios da categoría.