miércoles, 28 de julio de 2010

PABLO SÁNCHEZ CONTINUARÁ COMO PREPARADOR FÍSICO DO SEIS DO NADAL A PRÓXIMA TEMPADA 2010/11

.. ..

.

Pablo Sánchez continuará como Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2010/2011. Esta figura naceu na estrutura do noso club fai dúas campañas (na tempada 2008/09) ao analizar a necesidade e a importancia da adquisición duns hábitos mínimos de traballo relacionados coa preparación física por parto de tódolos xogadores e xogadoras do club.

.

O obexctivo principal do traballo de Preparación Física, levado a cabo baixo a programación e supervisión de Pablo Sánchez, é crear desde as categorías inferiores unha base física, motriz e psíquica, universal e multifacética. Búscase proporcionar a tódolos rapaces e rapazas das categorías inferiores do club unha ampla e variada cantidade de experiencias a nivel físico, a nivel motriz e a nivel psíquico.

.

Pablo Sánchez combinará a súa labor de Preparador Físico coas funcións de adestrador axudante no Cadete Feminino, grupo ao que xa estivo vinculado nas dúas últimas campañas, conseguindo a tempada pasada o Subcampionato Galego e a súa participación na Fase Interautonómica Infantil Feminina celebrada na vila de Marín.