..
..
.
Francisco García continuará no plantel de adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2010/2011 dirixindo aos equipos Júnior Feminino e Sénior Feminino.
.
Na próxima tempada 10/11 na que Francisco García cumprirá a súa décima tempada como membro do corpo técnico da nosa entidade, desde os seus comezos como adestrador na campaña 2001/2002, adestrará ao Júnior Feminino, composto por xogadoras nacidas nos anos 1993 e 1994, e ao conxunto Sénior Feminino, conxunto que competirá na Liga Interzonal da Federación Galega de Baloncesto.
.
Despois de que na pasada tempada 2009/2010 adestrara aos equipos Cadete Feminino e Júnior Feminino, ademais de estar integrado no corpo técnico do Sénior Feminino, para a próxima tempada Francisco García desenvolverá funcións de adestrador principal nos grupos Júnior Feminino e Sénior Feminino.
.
INICIO DA PRETEMPADA 2010/2011:
.
- SÉNIOR FEMININO
Luns 9 de agosto ás 20:30 horas (Parque de Castrelos)
.
- JÚNIOR FEMININO
Luns 9 de agosto ás 20:30 horas (Parque de Castrelos)
