sábado, 24 de julio de 2010

ÓSCAR BELMONTE CONTINUARÁ NO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011 AO FRONTE DO INFANTIL FEMININO ´A´

.. ..

.

Óscar Belmonte continuará un ano máis na nosa entidade e dirixirá ao equipo Infantil Feminino "A" a próxima tempada 2010/2011, conxunto composto por xogadoras nadas nos anos 1998 e 1997, e que competirá inicialmente na Primeira Fase de Apertura da Liga FGB 2010/2011.

.

A pasada campaña 2009/10 Óscar Belmonte, no seu primeiro ano como técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrou ao Infantil Feminino "B", equipo co que conseguiu unha traballada e meritoria terceira posición na Liga Zonal DVB Infantil Feminina División "A".

.

No seu segundo ano como membro activo do corpo técnico da nosa entidade, Óscar Belmonte dirixirá ao Infantil Feminino "A", conxunto ao que lle queda un longo camiño que percorrer de mellora e de aprendizaxe de novos fundamentos ofensivos e defensivos.

.

INICIO DA PRETEMPADA 2010/2011:

- Luns 9 de agosto ás 10:00 horas (Praia de Samil)