viernes, 23 de julio de 2010

CÉSAR ÁLVAREZ DIRIXIRÁ AO SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.. ..

.

A próxima campaña 2010/2011 César Álvarez adestrará ao equipo Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que competirá na Liga FGB Sénior Masculina.

.

César Álvarez comezou a súa andanza na nosa entidade como xogador en categoría benxamín. Máis tarde iniciaría o seu camiño como adestrador no noso club no ano 1997 e ata o ano 2004 no que abandonaba as nosas filas. Na pasada tempada 2009/2010 regresou ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para facerse cargo do Sénior Masculino Autonómico, equipo que seguirá adestrando na próxima tempada 2010/2011.

.

Despois da undécima posición na Liga FGB Sénior Masculina 2009/2010, César Álvarez volverá a dirixir e adestrar na mesma categoría despois de vivir e aproveitar a experiencia na pasada tempada.

.

INICIO DA PRETEMPADA 2010/2011:

- Martes 24 de agosto ás 20:30 horas (Parque de Castrelos)