.
.
.
.
.
O sábado 28 de agosto do 2010 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizaou o I Clínic de Baloncesto, iniciativa dirixida e aberta a tódolos técnicos e adestradores interesados en asistir. En total, máis de 40 adestradores participaron nas ponencias prácticas celebradas no Colexio Celso E. Ferreiro ao longo da xornada.
.
César Iglesias foi o primeiro ponente do I Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. César Iglesias, novo adestrador do AMFIV, dirixiu a pasada campaña 2009/2010 ao Rosalía santiagués na Adecco LEB Prata e conta nas súas costas cunha amplísima traxectoria no baloncesto a pé, tanto como segundo adestrador de Félix Muñoz en Porriño e en Rosalía como, nos últimos anos, en solitario.
.
Xunto a César Iglesias e compartindo o tema, Félix Muñoz abordou a segunda formación práctica do clínic. Félix Muñoz adestrou ao Baloncesto Porriño (2000/2004), conxunto ao que adestrou primeiro en EBA e posteriormente en LEB-2. Desde a tempada 2003/2004 dirixiu ao Beirasar Rosalía en LEB Prata conseguindo na tempada 2006/2007 o ascenso a LEB Oro, competición na que dirixiu ata a tempada 2008/2009.
.
Ambos adestradores explicaron e desenvolveron para tódolos asistentes ao clínic o tema "Construcción defensiva", nunha primeira parte na que se tratou a construcción dunha defensa individual, e nun segundo bloque de coñecementos no que se explicou a progresión metodolóxica e de aprendizaxe dunha presión defensiva a toda pista. César Iglesias e Félix Muñoz remataron as súas ponencias coa explicación da defensa en diferentes situacións concretas e específicas do xogo.
.
.
.
A primeira das ponencias da tarde correu a cargo de Quino Salvo, técnico que abordou o tema "Conceptos de ataque contra defensas zonais". Quino Salvo adestrou nas últimos tempadas ao Marín Peixegalego de Liga EBA, dirixindo, entre outros, ao Cantabira Lobos de ACB (1997/2000), Menorca Básquet de LEB Oro (2001/2002), Baloncesto León de LEB Oro (2002/2003) e CB Los Barrios de LEB Oro (2003/2006).
.
Quino Salvo presentou aos asistentes a súa fílosofia do ataque contra as defensas zonais, explicando as ideas e conceptos que utilizou na súa longa traxectoria como adestrador, e tamén como xogador, ante diferentes situacións defensivas zonais en media pista e a pista completa.
.
.
.
A última das charlas formativas versou sobre a preparación física, máis concretamente sobre as "Novas tendencias no quecemento e na volta á calma en formación". Pablo Sánchez, Licenciado en INEF e Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde a tempada 2008/2009, foi o encargado de levar á práctica os contidos da ponencia.
.
Pablo Sánchez explicou na súa acción formativa as novas tendencias no quecemento e na volta á calma centrándose e explicando exercicios en posición estática e posición dinámica que provacan un estiramento dinámico, diferenciando o traballo nas diferentes categorías de formación.


















