domingo, 29 de agosto de 2010

CARLOS RODRÍGUEZ ADESTRARÁ AO ALEVÍN MASCULINO "A" E AO INFANTIL MASCULINO "A" DO CLUB

.. ..

.

Carlos Rodríguez dirixirá aos grupos Alevín Masculino "A" e Infantil Masculino "A" do noso club a próxima tempada 2010/2011. Carlos comezou a adestrar na nosa entidade na tempada 2005/2006, e nesta campaña cumprirá a súa sexta campaña como membro do corpo técnico ao fronte do equipo Alevín Masculino "A" e do Infantil Masculino "A".

.

A pasada tempada 2009/2010 Carlos Rodríguez adestrou ao grupo Alevín Masculino "A", conxunto da mesma categoría, conseguindo unha ampla mellora e evolución do grupo e de cada un dos xogadores; véndose dita progresión reflexada na consecución do primeiro posto da Liga Zonal DVB Alevín Masculino e na participación no Campionato Galego de Mini.

.

O próximo curso escolar 2010/11 volverá a repetir experiencia co equipo Alevín Masculino "A", grupo composto integramente por xogadores nados no ano 1999 e que, de seguro, vivirán unha gran tempada de experiencias e de progresión nas máns de Carlos Rodríguez, e adestrará por primeira vez na categoría infantil ao Infantil Masculino "A", equipo formado por xogadores de segundo ano na categoría nados no 1997.