domingo, 29 de agosto de 2010

O C.B. SEIS DO NADAL PRESENTE NAS CONVOCATORIAS DA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA 2010/11

.

A Preselección Autonómica de categoría Infantil Feminina celebrou unha nova convocatoria, a que constituiu a terceira concentración, nesta nova tempada 2010/2011. A terceira convocatoria desta preselección tivo lugar en Allariz desde o pasado luns 23 de agosto ata o venres 27 de agosto do 2010.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal Coia estivo presente nesta nova concentración coa participación de Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" e adestrada por Óscar Belmonte e Vinca Rolán.

.

A xogadora do noso club tamén participou nas dúas primeiras concentracións da Preselección Galega Infantil de categoría feminina que tiveron lugar o domingo 4 de xullo e o martes 17 de agosto do 2010 no Pavillón Universitario de Ourense.