
.
Despois da reunión federativa de clubs do pasado venres día 3 de setembro, xa están dispoñibles os calendarios da Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. da Delegación Viguesa de Baloncesto en categoría Júnior Masculina e Feminina.
.
Os calendarios destas fases clasificatorias que comezarán o próximo fin de semana dos días 11 e 12 de setembro están xa dispoñibles no apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
.
Na Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. Júnior Masculina competirá o conxunto Seis do Nadal "A", dirixido por Sergio González, xunto ao Canteiras "A", C.B. Tui Seta, C.B. Baiona e C.B. Vigo AM. "A". Pódese acceder ao calendario de xogo da competición pulsando aquí.
.
En categoría Júnior Feminina participará o noso equipo Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Francisco García, xunto a C.B. Airexa Nigrán e Maristas Celta. Pódese consultar o calendario da Fase Zonal de Clasificación á Liga F.G.B. de categoría Júnior Feminina pulsando aquí.
