martes, 8 de junio de 2010

OS EQUIPOS ALEVÍNS PARTICIPARON NO 4º TORNEO INTERNACIONAL DE GAFANHA 12 HORAS DE MINIBÁSQUET

.

.

.

Os equipos Alevín Masculino "A" e Alevín Feminino "A" do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participaron os pasados días 5 e 6 de xuño do 2010 nunha concentración deportiva de fin de tempada na cidade de Gafanha de Nazaré (Portugal), organizada polo G.D.G. Basquetebol.

.

O sábado 5 de xuño durante a mañá se realizaron unha serie de partidos amistosos entre os equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e o G.D.B. Gafanha no Pavillón Municipal de Gafanha de Nazaré.

.

O domingo 6 de xuño os nosos conxuntos participaron na Edición do Torneo Internacional 12 Horas de Minibásquet que organizou por cuarto ano consecutivo o G.D.B. Gafanha. Os nosos combinados xogaron diversos partidos amistosos durante a xornada no Pavillón Municipal de Gafanha de Nazaré a partir das 9:00 horas e ata as 15:45 horas.