.
"O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia logrou esta pasada fin de semana dar un paso máis no sólido traballo de canteira, que lle serviu para acumular innumerable cantidade de premios e recoñecementos nas últimas campañas, ao clasificar por primeira vez en toda a súa historia a un dos seus equipos ao Campionato de España."
.
"Este logro o conseguiu o Infantil Masculino "A", denominado Mondariz Seis do Nadal, e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, que se verá as caras cos doce mellores equipos nacionais do 15 ao 20 de xuño en Vegadeo."
.
Así comeza a reportaxe publicada hoxe, mércores día 9 de xuño do 2010, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e a clasificación do Infantil Masculino "A" para a Fase Final do Campionato de España.
.
Para acceder á reportaxe podedes pulsar nas imaxes desta noticia ou descargar o Suplemento "Campeones" ao completo pulsando aquí.