viernes, 18 de junio de 2010

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL NA LOITA DO 11º AO 12º POSTO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

.

4ª XORNADA DA FASE FINAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

.

MONDARIZ SEIS DO NADAL 53

.

CIDADE DE LUGO 96 64

.

O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, xogou na cuarta xornada da Fase Final Infantil Masculina do XXXI Campionato de España de Clubes que se está a disputar en Vegadeo (Asturias) do 15 ao 20 de xuño do 2010 ante o equipo Cidade de Lugo 96.

.

Os dous combinados galegos que participan na Fase Final do Campionato de España tiveron que facer fronte no inicio desta competición a dous dos grupos moi fortes e exixentes que deixaron pouca marxe á clasificación en mellor posición. Así, tras dúas derrotas para cada equipo nos seus dous encontros da fase previa, remataron terceiros dos seus grupos.

.

O venres 18 de xuño o Mondariz Seis do Nadal e o Cidade de Lugo enfrontáronse nun duelo directo en busca da opción de desputar na xornada do sábado 19 o noveno posto. O seu enfrontamento tivo lugar ás 11:00 horas da mañá con victoria para o equipo lucense.

.

O partido mantívose igualado ata os seus minutos finais. Os xogadores do equipo de Lugo saíron mellor á pista, con maio acerto de tiro, pero a superioridade reboteadora dos xogadores do Seis do Nadal igualou o encontro ata o 33-30 ao descanso a favor dos vigueses. Trala reanudación volveu a ser o Cidade de Lugo o que se colocou por diante no marcador grazas a unha boa defensa e as excesivas pérdidas de balón do noso conxunto, diferenza que se mantivo ata o final do encontro.

.

- Estadísticas Mondariz Seis do Nadal Vs Cidade Lugo

.

- Crónica FEB Mondariz Seis do Nadal Vs Cidade Lugo

.

- Páxina web oficial do Cto. España Infantil Masculino

.

O Campionato de España Infantil Masculino de Vegadeo chega a súa recta final coa xornada de semifinais e cruces por postos. Os horarios desta nova xornada son os seguintes:

.

SEMIFINAIS

19/06: UNICAJA - REGAL BARCELONA / 18:00 h.

19/06: VALENCIA SUNNY - JOVENTUT BADALONA / 20:00 h.

.

POSTOS 5º-8º

19/06: REAL MADRID - LAB NUPE SANT JOSEP / 13:00 h.

19/06: 100x100 BÁSQUET CBZ - CB ALGINET / 16:00 h.

.

POSTOS 9º-12º

19/06: COVADONGA - MONDARIZ SEIS DO NADAL / 9:00 h.

19/06: UNELCO 96 - CIDADE DE LUGO / 11:00 h.