jueves, 17 de junio de 2010

O INFANTIL MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL NA LOITA DO 9º AO 12º POSTO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA

.

3ª XORNADA DA FASE FINAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

.

MONDARIZ SEIS DO NADAL 53

.

100X100 BÁSQUET CB ZARAGOZA 69

.

O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, xogou na terceira xornada da Fase Final Infantil Masculina do XXXI Campionato de España de Clubes que se está a disputar en Vegadeo (Asturias) do 15 ao 20 de xuño do 2010 ante o equipo 100x100 Básquet CB Zaragoza.

.

O Augas de Mondariz Seis do Nadal pagou caro o seu mal comezo de partido e, a pesar, da súa progresiva melloría no xogo non conseguiu remontar e alcanzar ao 100x100 Básquet CB Zaragoza.

.

O CB Zaragoza adxudicouse a última praza en xogo para os cuartos de final tras superar no último encontro da terceira xornada ao noso conxunto Infantil Masculino "A". Unha derrota marcada polo parcial en contra de 6 a 26 co que se iniciou o partido.

.

O abultado marcador dos dez primeiros minutos obrigou aos galegos a ir por detrás no marcador durante todo o encontro. Intentaron remontar a diferenza cunha gran actuación do grupo e, en especial, de José Paz con 18 puntos e 11 rebotes, pero acusaron unha falta de puntería desde o perímtero e, sobre todo cos tiros libres (3/22). Con estas facilidades o 100x100 Básquet CB Zaragoza mantivo a vantaxe adquirida no primeiro período ata a final do encontro.

.

.

- Estadísticas Mondariz Seis do Nadal Vs CB Zaragoza

.

- Crónica FEB Mondariz Seis do Nadal Vs CB Zaragoza

.

- Páxina web oficial do Cto. España Infantil Masculino

.

Xa están decididos os emparellamentos de cuartos de final e da loita do 9º ao 12º posto, que se disputarán este venres. Os horarios da primeira xornada da Fase Final do Campionato de España son os seguintes:

.

CUARTOS DE FINAL

18/06: UNICAJA - REAL MADRID / 13:00 h.

18/06: FC BARCELONA - SANT JOSEP / 16:00 h.

18/06: VALENCIA SUNNY - CB ZARAGOZA / 18:00 h.

18/06: JOVENTUT BADALONA - CB ALGINET / 20:00 h.

.

9º-12º POSTO

18/06: GRUPO COVADONGA - UNELCO 96 / 09:00 h.

18/06: SEIS DO NADAL - CIDADE DE LUGO / 11:00 h.