.
5ª XORNADA DA FASE FINAL CAMPIONATO DE ESPAÑA
.
MONDARIZ SEIS DO NADAL 80
.
GRUPO CULTURAL COVADONGA 41
.
O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, conseguiu na quinta xornada da Fase Final Infantil Masculina do XXXI Campionato de España de Clubes que se está a disputar en Vegadeo (en Asturias) do 15 ao 20 de xuño do 2010 a undécima posición ante o Grupo Cultural Covadonga.
.
Clara vitoria do Mondariz Seis do Nadal ante o Grupo Cultural Covadonga nun partido que comezaron a dominar desde o principio, cun parcial a favor no primeiro cuarto de (35-11). O altísimo ritmo imposto polos xogadores de Sergio González foi demasiado alto para os integrantes do Covadonga.
.
Este último partido do Mondariz Seis do Nadal foi unha clara demostración ofensiva por parte do combinado vigués no que anotaron os doce xogadores, conseguindo deste gran xeito a 11ª posición do Campionato de España.
.
- Estadísticas Mondariz Seis do Nadal Vs Covadonga
.
- Crónica FEB Mondariz Seis do Nadal Vs Covadonga
.