.
INFANTIL MASCULINO "A"
.
11º CLASIFICADO CAMPIONATO ESPAÑA
.
.
O equipo Infantil Masculino "A", Mondariz Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido esta tempada 2009/10 por Sergio González, Diego Montenegro e Alicia Álvarez, rematou na undécima praza a Fase Final Infantil Masculina do XXXI Campionato de España de Clubes que foi disputada en Vegadeo (en Asturias) do 15 ao 20 de xuño do 2010.
.
O pasado domingo día 20 de xuño remataba o Campionato de España Infantil Masculino, campionato histórico para o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa que era a primeira vez que un conxunto da entidade participaba na Fase Final do Campionato de España de clubs, estando entre os doce mellores equipos do país.
.
O noso conxunto competiu na fase de grupos no Grupo "B" ante o forte combinado do FC Barcelona (Barcelona), que se proclamou Subcampión de España, e ante o 100x100 Básket CBZ (Zaragoza). O equipo olívico encadrado nun dos grupos máis complicados da competición deixou unha gran imaxe de equipo e de traballo ofensivo e defensivo, a pesar de non conseguir impoñerse no marcador aos seus contrincantes.
.
A terceira posición no Grupo "B" clasificaba ao Mondariz Seis do Nadal para competir pola novena posición na Fase Final. A loita pola novena praza comezou co partido ante o Cidade de Lugo, o outro equipo galego do campionato. O encontro foi igualado ata o comezo do último período onde os xogadores lucenses alonxáronse no marcado con tres lanzamentos de tres puntos que deixarían ao Seis do Nadal loitando pola undécima posición.
.
O Grupo Cultural Covadonga de Asturias foi o rival no último partido do campionato para o noso conxunto. Un partido no que tódolos nosos xogadores saíron con moita intensidade e motivados pola consecución da vitoria desde os primeiros minutos do encontro. Ao final o marcador reflexou unha vitoria para o Seis do Nadal que se convertía no undécimo mellor equipo de España de categoría Infantil Masculina.
..
CLASIFICACIÓN FINAL:
..
1º JOVENTUT BADALONA
2º FC BARCELONA
3º VALENCIA BC SUNY DELIGHT A
4º UNICAJA
5º REAL MADRID
6º 100x100 BÁSKET CBZ
7º LAB NUPEL - SANT JOSEP
8º CB ALGINET A
9º CIDADE DE LUGO 96
10º UNELCO 95
11º MONDARIZ SEIS DO NADAL
12º GRUPO CULTURAL COVADONGA